
Esta aprendizaxe é mutua pois tanto o inmigrante como o mestre artesán aprenderán cousas interesantes un do outro. O mestre achegaralle ao inmigrante non só as claves do seu oficio senón tamén unha mostra das raíces galegas. O inmigrante daralle a coñecer a súa perspectiva sobre Galicia e sobre os galegos e tamén os recordos do seu país de orixe.
"Made in Galicia" responde á actualidade, na que fai falta moita máis diálogo entre as culturas e as persoas. Agardamos que este sexa un lugar de encontro e reflexión.
Actualmente nos atopamos na fase de casting agardando que o programa poida comezar a emitirse en setembro deste ano.