domingo, 20 de julio de 2008

Comentario de Paula, Uruguay

A nosa participantes vida do Uruguay e máis que asentada en Galicia enviounos a súa reflexión sobre a gravación do programa:

Personalmente tengo que decir que me resultó una experiencia gratificante, divertida, interesante y enriquecedora.

Es un placer compartir tarea con gente que toca el tema inmigración con tanto respeto y cariño, sobre todo en los duros tiempos que estamos viviendo, y con las tristes noticias que nos llegan a diario, historias difíciles que no se contemplan en las cumbres gubernamentales, en las que las personas nos transformamos en estadísticas y recursos humanos.

Creo que es muy importante rescatar el enfoque humano de la integración, y que este grupo y este proyecto apunta a ello con mucha inteligencia.

Gracias, chicos y chicas, y enhorabuena.

Finalizada a gravación de "Made in Galicia"

O mes de xullo demos por rematada a gravación da serie documental "Made in Galicia" e as conclusións son máis que positivas. Unha vez máis pódese comprobar que xuntar a paixón e a adicación a un oficio tradicional galego e a curiosidade e un novo punto de vista vido de países tan diferentes só poden dar lugar a un fermoso encontro e unha amizade para sempre.

Os encontros resultaron sorprendentes por a entrega tanto dos mestres coma a dos improvisados alumnos. Moitos quedaron en repetir a experiencia, e os mestres non dubidaron en prometerlle unha visita o alumno.

Así é "Made in Galicia", dunha proposta que despertaba tantas expectativas xorde un
encontro real que quedará plasmado en cada un dos programas.

Puidemos pasar por numerosas localizacións, obradoiros, fogares e negocios que irán aparecendo nos diferentes programas. Estes foron os espacios nos que se gravaron inacabables conversas, situacións máis cómicas e máis nostálxicas dos participantes. Todos eles compartiron algo máis que a aprendizaxe dun oficio, compartiron un día de intercambio e de reflexión sobre as nosas culturas.

Pouco a pouco iremos actualizando o blog coas propias conlusións dos participantes.

Un saúdo a todos e benvidos a este espacio.

lunes, 7 de abril de 2008

¿Que é "Made in Galicia"?

“Made in Galicia” é unha serie documental de emisión semanal que mostrará o reto que supón para integrantes do colectivo inmigrante, instalados en Galicia, a aprendizaxe dun oficio vencellado á tradición galega.



Esta aprendizaxe é mutua pois tanto o inmigrante como o mestre artesán aprenderán cousas interesantes un do outro. O mestre achegaralle ao inmigrante non só as claves do seu oficio senón tamén unha mostra das raíces galegas. O inmigrante daralle a coñecer a súa perspectiva sobre Galicia e sobre os galegos e tamén os recordos do seu país de orixe.

"Made in Galicia" responde á actualidade, na que fai falta moita máis diálogo entre as culturas e as persoas. Agardamos que este sexa un lugar de encontro e reflexión.

Actualmente nos atopamos na fase de casting agardando que o programa poida comezar a emitirse en setembro deste ano.