domingo, 20 de julio de 2008

Finalizada a gravación de "Made in Galicia"

O mes de xullo demos por rematada a gravación da serie documental "Made in Galicia" e as conclusións son máis que positivas. Unha vez máis pódese comprobar que xuntar a paixón e a adicación a un oficio tradicional galego e a curiosidade e un novo punto de vista vido de países tan diferentes só poden dar lugar a un fermoso encontro e unha amizade para sempre.

Os encontros resultaron sorprendentes por a entrega tanto dos mestres coma a dos improvisados alumnos. Moitos quedaron en repetir a experiencia, e os mestres non dubidaron en prometerlle unha visita o alumno.

Así é "Made in Galicia", dunha proposta que despertaba tantas expectativas xorde un
encontro real que quedará plasmado en cada un dos programas.

Puidemos pasar por numerosas localizacións, obradoiros, fogares e negocios que irán aparecendo nos diferentes programas. Estes foron os espacios nos que se gravaron inacabables conversas, situacións máis cómicas e máis nostálxicas dos participantes. Todos eles compartiron algo máis que a aprendizaxe dun oficio, compartiron un día de intercambio e de reflexión sobre as nosas culturas.

Pouco a pouco iremos actualizando o blog coas propias conlusións dos participantes.

Un saúdo a todos e benvidos a este espacio.

No hay comentarios: